A POBRA NADAL | A Pobra convida a engalanar balcóns e fachadas no Nadal

A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal lanza o VI Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, unha iniciativa coa que busca implicar á veciñanza na ambientación de Nadal. O obxectivo, segundo a concelleira, Amparo Cerecedo, é que a cidadanía se sume «á decoración desta época, algo que non só contribuirá á mellora estética das rúas e edificios do municipio, senón tamén a crear comunidade».

Fuente