Un estudo da USC descobre o significado oculto da Columna de Ulises da Catedral de Santiago

Ulises tapa o oído dun dos seus compañeiros para protexelo do canto mortal das sereas. É unha das escenas representadas na chamada Columna de Ulises da Catedral de Santiago, pero o seu significado vai moito máis alá da narración da Odisea. A peza románica de mármore foi concibida como unha reinterpretación cristiá da historia do heroe grego e da súa viaxe, vinculándoa coa experiencia dos peregrinos que chegaban a Compostela.

Fuente