Este xoves, 13 de agosto, Cruxeiras acollerá a primeira actuación de agosto do programa dos Seráns de Ames ás 21.00 horas. O concerto correrá a cargo de Maianas, un grupo formado por 5 mulleres que leva preto de 20 anos facendo vibrar ao público tanto con composicións propias como con temas tradicionais.
A agrupación de cantareiras e pandereteiras vén de recibir a medalla do Concello de Ames pola súa ampla traxectoria na música tradicionaldurante o acto conmemorativo polo Día de Galicia e volverá facer vibrar ao concello coa súa música tradicional.
Máis actividades
A iniciativa Seráns de Ames non remata aquí, xa que o vindeiro xoves, 27 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá un espectáculo de contacontos, teatro, música e xogos populares a cargo da Asociación Cultural Retranqueiros a partir das 19.00 horas.
Ademais, tras a cancelación da actuación de Glasgow 15 e Del otro lado, debido a un aviso emitido pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ante un fenómeno meteorolóxico adverso, a cita terá unha nova data e lugar por confirmar.















