Non encontro unha resonancia máis acaída ao propio feito de tocar que por parte do público haxa baile

O Campo da Leña da Coruña bailará ao son das pandeiretas este venres, 10 de xullo, a partir das 20.00 horas, co arranque do festival Serán d’aquí, unha iniciativa organizada pola Asociación Cultural Son d’aquí e que se estenderá até o domingo, 12 de xullo. O prato forte da primeira xornada vén de man de Xabier Díaz, un dos nomes propios da música de raíz galega. Tras unha traxectoria en solitario e participacións en grupos coma o xa estinguido Berrogüetto, o proxecto aCadaCanto e a actual colaboración coas Adufeiras de Salitre, o coruñés vén devolver o cariño recibido pola cidade herculina.

Fuente