O pavillón de Bembibre acolle o Congreso Galego de Bonsái, que regresa a Val do Dubra consolidado como unha cita de referencia a nivel nacional. A exposición, que reúne máis de 60 exemplares de diferentes especies e estilos, congregou numeroso público, demostrando o gran interese que esperta esta arte viva.
A mostra compleméntase cun Concurso de Novos Talentos, así como demostracións e conferencias nas que mestres e profesionais comparten técnicas e coñecementos co público.
O alcalde, Diego Luis Díaz, segundo esquerda, e Alberto Baleato, terceiro, no acto inaugural. / Cedida
O alcalde, Diego Luis Díaz, destacou «a excelente acollida desta nova edición e o traballo conxunto entre o Concello e a organización», agradecendo especialmente a implicación de Alberto Baleato e Kingii na promoción deste evento, que “sitúa a Val do Dubra no mapa do bonsái e dinamiza a economía e o turismo local”.
Desde o Concello convidan a todas as veciñas, veciños e visitantes a achegarse esta fin de semana ao pavillón municipal para gozar desta mostra única que combina natureza, arte e cultura.













