O espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro, en Dumbría, adianta o seu horario a partir desta fin de semana debido a que anoitece máis cedo.
Así, a partir do sábado 29, as proxeccións sobre a desembocadura do río Xallas comezarán ás 22.00 horas, media hora antes, e a última sesión rematará ás 00.00 horas, segundo informa o Concello.
Os espectáculos continuarán as tres primeiras fins de semana de setembro, concretamente os días 4, 5, 11, 12, 18 e 19.














