Unha festa que non decepciona: Máis de 700 persoas, preto de 30 camareiras e camareiros, e 1.000 metros cadrados de carpa. Só o restaurante González pode organizar unha cita así, con tanta envergadura e calidade. O alcalde de Outeiro, José Pardo, confía dende hai anos na hostalaría local para a organización de grandes eventos, e este sempre acerta.
Coidar aos maiores, unha prioridade
Oscar do restaurante González de Gullar, Outeiro de Rei (Lugo)
Óscar, do restaurante González, é o encargado de que ningún detalle quede ao azar. O seu obxectivo é que os maiores —esa parte tan querida da sociedade— saian satisfeitos e con ganas de repetir a experiencia o ano seguinte. Esta comida dos maiores é o gran acontecemento previo á Feira de Artesanía que se celebra mañá sábado.
Un menú exquisito e tradicional
Baixo unha gran carpa con escenario para música, o González servirá a máis de 700 persoas un menú delicioso e moi da terra: empanada de primeiro, pulpo á feira de segundo, xarrete con patacas e verdura de terceiro, e tarta de améndoa para rematar. Todo iso acompañado dunha gran festa posterior para celebrar en compañía.
Un desfile especial para abrir boca

Máiss de 20 camareiros e camareiras prestos para o desfile antes do traballo
Para comezar a xornada, os traballadores da hostalaría presentarán un bonito desfile que dará inicio ao servizo, arrincando os aplausos do público e creando unha atmosfera festiva desde o primeiro momento.