xigantes e cabezudos toman as rúas

Se hai algo que caracteriza as festas do Carme dos Pincheiros son os desfiles de xigantes e cabezudos que ateigan as rúas durante os días de celebración. Estes curiosos personaxes chaman a atención de pequenos e maiores, que se achegan para acompañar o seu percorrido e desfrutar dunha das tradicións máis arraigadas da Pobra do Caramiñal. Máis aló do seu valor como tradición, estas figuras de grandes cabezas seguen a ter na cativada os seus espectadores máis entregados. Entre risas, carreiras e algún que outro susto, os máis pequenos seguen de preto os pasos da comitiva formada por 26 xigantes e cabezudos.

Fuente