O Centro Dramático Galego (CDG) porá en escena do 1 ao 4 de outubro, no Salón Teatro de Santiago a coprodución «A gaivota, ensaio aberto», tras realizar estes días na Cidade da Cultura unha estadía técnica e artística no marco do programa DescArtes das Residencias artísticas do Gaiás.
Na Cidade da Cultura nun intre da estadía técnica e artística no encontro con Jacobo Sutil (pola esqueda, sétimo). / Cedida
Elenco
A interpretación corre a cargo de Déborah Vukusic, Mercedes Castro e Uxía Suevos. A idea conta coa colaboración de varias estruturas teatrais internacionais e dirección e dramaturxia compartidas entre o galego Santiago Cortegoso e o luso Neto Portela. Aos ensaios acudiron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, que coñece o avance dunha das propostas inaugurais da nova temporada escénica 2026-2027 da compañía pública galega. Xa hai entradas á venda na web da plataforma Ataquilla (6 euros).

Imaxe promocional da obra de teatro ‘A gaivota, ensaio aberto’, / Cedida
Entidades desta colaboración
«A gaivota, ensaio aberto» é unha coprodución entre o CDG, a compañía galega Crémilo, a portuguesa Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires (A Arxentina), Teatro del Galpón de Montevideo (O Uruguai) e outras entidades internacionais.
O proxecto foi creado nas Residencias ArtisTEA do Concello de Ponteareas e tan a colaboración do Padroado da Cultura de Narón e do Ministerio de Cultura de Cabo Verde. A partir do clásico de Antón Chejov, Cortegoso e Portela asinan unha proposta dramática arredor dunha situación metateatral límite: que ocorre cando na véspera da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas.
Resto do equipo
No resto do equiopo desta montaxe, o vestiario é de Saturna; o movimento de Rosy Timas; o espazo sonoro e composición musical de Jeff Hesney e Xosé Lois Romero; a técnica é Amelia Poyato; e asistencia de producción é cousa de Santi Romay.














