A Estrada acurta distancias con Santiago. A prolongación da autovía AG-59 ata este municipio pontevedrés avanza coa apertura este pasado mércores de 3,5 kilómetros dos 7,5 que engadirá este proxecto, que se desenvolve en dous tramos. A vía, que remataba na Ramallosa, chega agora a Pontevea, no concello de Teo. Nunha segunda fase, extenderase ata A Estrada. Una vez completada a totalidade da prolongación, prevista para 2028, a autovía conectará este municipio coa capital de Galicia en apenas dez minutos, nun percorrido de 14 quilómetros.
O feito de contar cuanha autovía libre de peaxe que chegue a ata A Estrada, reducindo o tempo de viaxe a vez que aumenta a seguridade viaria, aumentará a visibilidade deste municipio como alternativa residencial para moitas persoas que traballan e teñen o seu día a día en Compostela. Máis persoas empezarán a ver A Estrada como opción onde vivir, tendo en conta que na localidade os prezos da vivenda son máis baixos que en Santiago. Ademais, ofrece un amplo abano de servizos para as familias. E conta cunha das programacións culturais gratuítas más amplas de Galicia. Outro dos atractivos é que brinda escolas de balde para moitos deportes.
Con estes e outros puntos fortes, a chegada da AG-59 ata A Estrasa reforza o tirón desde municipio como lugar de residencia para persoas que teñen o seu traballo en Santiago, ao implicar mellor conexión. Incluso se teñen dado os primeiros casos de estudantes universitarios que buscan piso en A Estrada ante os elevados prezos do alugueiro en Santiago, segundo constataron desde as inmobiliarias.
A prolongación tamén beneficiará aos veciños de A Estrada, que terán a cidade máis preto, e contribuirá ao desenvolvemento económico local, podendo impulsar o tecido produtivo.
Esta infraestrutura é un exemplo da importancia da vertebración interna do territorio. Outro é o desdobramento do corredor Santiago–Noia, que consiste en transformar a actual vía de altas prestacións (CG-1.5) nunha autovía de dobre calzada, de forma que haxa dous carrís por sentido separados por unha mediana, en lugar dunha única plataforma cun carril por sentido. Esta actuación dálle continuidade á actual autovía AG-56, que chega desde Santiago ata Brión.
A primeira fase está en marcha e afecta a 4,9 quilómetros entre o final de la AG-56 eo enlace de Urdilde. Entrará en funcionamento en 2027. Ademais de reducir os tempos de viaxe entre Compostela e Noia, o obxectivo é preparar o corredor para absorber o crecemento do tráfico nunha zona cuns 160.000 habitantes entre Santiago, Ames, Brión, Rois, Lousame e Noia, que se converterá noutra alternativa residencial para persoas que traballen en Santiago. Noia pasará a integrarse no segundo cinturón de Santiago, xunto con Ordes, Negreira, A Estrada e Arzúa, tendo en conta ademais que se trata dunha das vías que comunica a capital galega coa costa.
Entrementres, continúan as obras no último tramo da A-54, que unirá Santiago e Lugo. Quedan por rematar os 16 kilómetros entre Arzúa e Melide, que poderían entrar en servizo no outono.













