Centos de mozos e mozas gozaron en Outes da vixésimo sexta edición do festival Pampallín, que encheu a Praza de Galicia.
A música foi a gran protagonista dunha cita consolidada, que xuntou na capital outiense artistas de primeiro nivel, como Unto Vello, Broken Peach, 9Louro e o Grupo Cayenna. A velada complementouse co espectáculo Circo de lume, a cargo de Asacocirco.
A mocidade encheu a Praza de Galicia de Outes. / Cedida
Non faltou tampouco á cita unha polbeira para complementar gastronomicamente a festa.
A celebración incluíu o Pampallín miúdo, no que os máis pequenos puideron gozar de inchables, xogos tradicionais e espectáculos circenses, ademais da música urbana con Kid Mount.

Unha das actuacións no festival Pampallín de Outes. / Cedida
Unha cita festiva que contou co apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e do Concello de Outes, ademais de diversas entidades colaboradoras, como Protección Civil, Adisbismur, Asociación A Riola de Outes, Asociación de Veciños Pontenafonso e a ADC Esteirana de Carrilanas.













