INVESTIGACIÓN USC FÍSICA DE PARTÍCULAS I Santiago únese a unha das maiores colaboracións científicas do mundo sobre física de partículas

Santiago entra na élite da física de partículas xa que o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC únese oficialmente ao experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do CERN, unha das principais colaboracións dentro da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O CMS, xunto ao experimento ATLAS, foi o responsable de observar en 2012 o bosón de Higgs, un dos maiores fitos da física de partículas nas últimas décadas ao ser a única partícula predita teoricamente polo Modelo Estándar que aínda non se observara experimentalmente.

Fuente