FESTA DO MELINDRE EN MELIDE

O Concello de Melide vén de repartir entre os establecementos de hostalería e restauración 20.000 manteis de papel para promocionar a edición número 34 da Festa do Melindre e da repostaría tradicional, que se vai celebrar na vila os días 9 e 10 de maio.

Boa afluencia

O Goberno local xa levou a cabo a entrega deste material promocional co que agarda, ao longo de toda a Semana Santa e do mes de maio, animar ás persoas que se cheguen a Melide a que volvan para unha das citas máis doces do ano. En total, súmanse a esta campaña un total de 35 establecementos de restauración locais.

TEMAS

  • Festa
  • Semana santa

Fuente