OUTONO TEATRAL SANTIAGO | Teatro amador para «fortalecer o músculo das artes escénicas» en Santiago

A veciñanza de Compostela ten nas vindeiras datas unha nova oportunidade de gozar do teatro amador grazas a Outono Teatral. Un evento que continúa a estela do Festival Agustín Magán de teatro amador, e que chega coma este último da man de Fegatea (Federación Galega de Teatro Amador) e da Rede de Centros socioculturais (CSC) para «fortalecer o músculo» da cidade arredor «das artes escénicas». Así o explicaba o técnico de de CSC, Xulio Noia, que presentou a programación xunto ao edil de CSC, Xan Duro, e directora de Fegatea, Chelo Pampillón.

Fuente