O BNG Culleredo alerta da «grave situación de inseguridade» viaria que hai na autovía AC-14, no treito entre A Garrocha e os túneles do colexio Rías Altas, debido á ausencia e rotura do peche perimetral en varios puntos.
Trátase duna vía clave de acceso á Coruña e ao aeroporto, cunha elevada densidade de tráfico, e a agrupación quéixese da falta dunha malla metálica, sumada á proximidade de masas forestais, o cal expón ás persoas usuarias ao «risco directo de atropelar» fauna salvaxe ou de sufrir sinistros por manobras de emerxencia.
O voceiro local, Tono Chouciño, rexeita esta falta de protección e esixe ao Ministerio de Transportes a reposición urxente do valado.















