O Club Clásicos Comarca do Sar logrou reunir este domingo 23 de agosto a máis de 150 vehículos con máis de 30 anos de antigüidade na XV xuntanza de vehículos clásicos e históricos.
A comitiva saíu ás 11.00 horas do Hotel Scala e percorreu diferentes puntos dos municipios de Rois, Padrón e Dodro. A ruta percorreu Urdilde, Os Ánxeles, O Sisto, A Escravitude, Oín, Dodro, Lestrobe, Padrón e Estramundi antes de regresar ao punto de partida.
Ao finalizar a ruta, as 300 personas participantes do evento automobilístico puideron desfrutar dun xantar de confraternidade que rematou con agasallos, premios e sorteos. O prezo do xantar foi de 45€ por persoa para o público xeral e de 20€ para os menores de dez anos.
A organización do evento aproveitou para agradecer aos concellos de Rois, Padrón e Dodro, así como á Xunta de Galicia e ás empresas locais colaboradoras a súa colaboración para facer posible a xuntanza.














