A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asistirá este mércores 15 ao acto de presentación da candidatura de Escarlata Pampín López á Alcaldía de Ames por esa formación para as vindeiras eleccións municipais.
O acto celebrarase ao mediodía no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Escarlata Pampín é a portavoz do BNG na Corporación municipal de Ames. Naceu en Santiago de Compostela en 1982. Casada e con dous fillos, reside en Bertamiráns. Licenciada en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, formouse posteriormente en Prevención de Riscos Laborais, cun Máster Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, Especialidade Ergonomía e Psicosociología Aplicada.
Seguiu a súa formación coas especialidades de Seguridade no Traballo en PRL e de Hixiene Industrial en PRL. Traballou como xeóloga, sendo directora técnica das áreas de XTL e XTC, e compatibilizando o seu traballo coa súa actividade como monitora de patinaxe en diferentes escolas deportivas municipais.
Durante o mandato 2019-2023 formou parte do Goberno municipal e xestionou as áreas de Normalización Lingüística e Mocidade.










