Premios de Curtocircuíto para Jocelyn Charles, Daniel Pérez Sil e Marzo Lozano

O festival Curtocircuíto puxo este domingo o punto final á súa edición número 23 nunha clausura celebrada no Teatro Principal coa entrega de premios e a proxección de «Fomos ficando sós», a primeira longametraxe do cineasta lucense Adrián Canoura. Na cita estivo a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, entre máis representantes institucionais locais e autonómicos.

Fuente