O novo decano de Psicoloxía da USC aposta por avanzar na especialización

O profesor Arturo X. Pereiro Rozas tomou posesión este martes do seu cargo como novo decano da Psicoloxía, 35 anos despois de que a Facultade se constituíse como centro independente e máis de 50 desde que se ofertan estudos de Psicoloxía na USC. «Son xa sete as decanas e decanos que me precederon, e moito e valioso o legado que elas e eles, os seus equipos e o conxunto de profesionais da docencia e administración nos deixaron. Gracias a todas/os! Cómpre agora seguir construíndo con entusiasmo e unidade sobre o xa establecido e afrontar os novos retos», destacou Pereiro durante o acto, no que tamén participou a decana saínte María José Sampedro, e estivo presidido pola reitora Rosa Crujeiras.

Fuente