A marcha nórdica é segura e os pacientes a ven beneficiosa para a saúde respiratoria

Cando a carballesa María Vilanova estaba cursando o cuarto ano de Fisioterapia na Universidade da Coruña (UDC) marchou de Erasmus catro meses a Kuopio, unha pequena cidade finlandesa, e engadiu á experiencia a aprendizaxe dunha modalidade de deporte que lle acabou permitindo realizar unha tese doutoral. Finlandia é o país de orixe da marcha nórdica: un exercicio de resistencia que consiste en camiñar coa axuda de dous paus semellantes aos bastóns de esquí, exercitando boa parte do corpo.

Fuente