Camariñas foi punto de encontro de proxectos innovadores que serviron para dar ideas de negocio asociadas ao mar que poden ser beneficiarias de axudas do Galp Costa da Morte.
Na xornada participaron empresas como Orixe Salgada, unha biorrefineria pioneira que aproveita algas varadas para a fabricación produtos agrícolas, de cosmética e nutraceútica, ou tecnolóxicas como Visor Faro, unha ferramenta de Cetmar para o análise da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola para a ordenación e planificación de uso do litoral galego.
Tamén participaron Marisma Biomed, centrada na transformación de plantas de marisma en complementos alimenticios para a mellora da saúde metabólica, e outros proxectos do sector das mascotas, como Seabites Natural PetCare, que fabrica snacks e suplementos a partir de algas e produtos do mar, ou EcoCelta, que produce area para gatos a partir de cunchas de mexillón.
O xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González, resaltou a importancia dos proxectos que apostan pola transformación dos produtos do mar para lograr as axudas económicas de maior importe. Explicou que «é importante ter traballado o proxecto e enfocar as dúbidas previamente á publicación das axudas, para poder presentarse en prazo e forma».
Pola súa banda, a presidenta das mariscadoras de Camariñas, Jackie Lista, resaltou a importancia de apostar polo territorio e a posta en valor da pesca artesanal.














