Curtocuircuíto trae á Quintana o espectáculo Sirat de Oliver Laxe.
FESTIVAL. A música do filme Sirat chega á praza da Quintana da man do cineasta Oliver Laxe e de Kangding Ray (David Letellier), creador da banda sonora da película e merecedor do Cannes Soundtrack – premio á mellor banda sonora deste festival–. Un espectáculo audiovisual que parte da música do filme e percorre o deserto a partir de imaxes non empregadas na montaxe da película. É ás 23 horas dentro do Festival Curtocircuíto, no seu apartado ‘Live AV’ (o acceso é libre até completar a capacidade de praza e a entrada de balde).
A última obra de Amalia Blanco, en El Corte Inglés
Amalia Blanco / Ruth Vazquez Hevia
LIBROS. Ás 19.30 horas a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés acolle a presentación de Cando marchan as luces, última obra da autora Amalia Blanco (Santa Comba, 2006). Cando marchan as luces conta a historia de Lúa, unha moza de 16 anos que atravesa unha depresión logo de perder o seu pai. Trátase dun relato que busca afondar na fraxilidade da existencia, na loita invisible entre a mente e o corpo, «un verme de ecos que nunca cesa». Na historia as reflexións de Lúa enlazan coas perspectivas de amigos e familiares, testemuñas da súa loita contra a enfermidade.
A electrónica de Eris MacKenzie no Gaiás
Ás 21 horas chega á praza central do Gaiás Eris MacKenzie, o proxecto en solitario de Carlos Eirís, integrando o cartel de Atardecer no Gaiás. Trátase dunha combinación de electrónica minimalista e música tradicional galega a través da que fala das experiencias felices ou non tanto que o marcaron e que recolle Meu ceu: Cantigas industriais e brutalismo emocional.
Cela e o feminismo no Colexio Fonseca
O Colexio Fonseca despídese hoxe da exposición Me proclamo feminista. Unha mostra que abonda no contacto entre Camilo José Cela e as mulleres que foi, sobre todo, epistolar, polo que a exposición está percorrida por diversas cartas manuscritas e tamén outras mecanografadas, onde as palabras das persoas destinatarias e remitentes dan fe dos sentires do Premio Nobel padronés.
O jazz de Valentín Caamaño no Cum
O Rock Café O Cum (Fonte de Santo Antonio, 17) acolle ás 21.30 horas o concerto de jazz de Valentín Caamaño Quartet. Con entradas a 10 euros o espectáculo xira arredor de All the gods, o cuarto disco de Caamaño e o primeiro gravado integramente en formato cuarteto, con Miguélez, Calvo e Cabana.
Protagonismo dos CSC no Atlántica
NARRACIÓN ORAL. Os centros socioculturais teñen hoxe un protagonismo especial no Festival Atlántica con actuacións simultáneas ás 12 horas no Aurelio Aguirre, en Bando e en Laraño. Haberá tamén roteiro (10.30h.) da man de Carme Varela e Quico Cadaval, actuación de Carolina Arabia no Museo do Pobo (19h.) e de Carmen Conde no xardín do CSC Maruxa e Coralia.
Dupla inaugura Common people

‘Common people’, das artistas Natalia Umpiérrez e Nuria Figueiredo / Dupla
A galería de Santo Antonio inaugura ás 19.30 horas Common people, das artistas Natalia Umpiérrez e Nuria Figueiredo. Unha mostra que propón dúas lecturas da realidade: unha irreverente, sarcástica e vulnerable