O vindeiro luns 5 de xaneiro será unha xornada de ilusión e festa en Rois coa agardada visita dos Reis Magos, que percorrerán todas as parroquias do municipio para saudar aos máis pequenos. Este ano, coincidindo co paso da comitiva, asociacións veciñais e comisións de festas organizaron merendas e actividades para entreter a espera e facer desta data unha xornada de convivencia polo Nadal.

Fuente