Caión reforza os seus atractivos con dous murais que xa embelecen os espazos públicos da vila, grazas ao proxecto O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro impulsado polo Concello da Laracha e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte. Dúas obras de arte urbano que poden contemplarse sobre a medianeira dun edificio da Avenida da Laracha e sobre a grúa do porto, que levan o selo dos artistas Yoseba MP e Pelucas Pilas Bubbles, respectivamente.

Fuente