A Consellería do Mar vén de aprobar tamén 21 axudas para outras tantas confrarías, por un importe total de 243.969 euros, para financiar proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas e perda de produción.

Entre as confrarías beneficiarias figuran as de Cabo de Cruz (14.999 €), Ribeira (12.580 €), Muros (13.600 €) e Baldaio (8.000 €).

Cabe sinalar ademáis que a confraría de Ribeira, xunto coas da Pobra e Cangas, vén de sementar 2.500 unidades de navalla procedentes do criadeiro do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). A iniciativa enmárcase nun plan experimental e nos vindeiros días os biólogos e mariscadores realizarán mostraxes para comprobar a evolución da semente. O patrón maior, José Antonio Pérez Sieira, asegura que “se todo vai ben, agardamos que para o ano teñan xa a talla”. O obxectivo é repoboar unha especie que escasea “e se o plan da os resultados agardados, poderá facerse extensivo tamén a outras confrarías”, engadiu.