MIGUEL LOUREIRO DEPORTIVO | Loureiro: «Son un xogador intenso que pode contaxiar esa enexía»

Miguel Loureiro incide en «prestar moita atención no aspecto defensivo» de cara a unha semana na que o Deportivo debe enfrontarse a un dos grandes rivais da categoría. Chega o Racing de Santander, terceiro clasificado cos mesmos 16 puntos que leva o Dépor. «Hai que intentar non cometer erros. Ser sólidos e conceder pouco é moi importante na categoría. O outro día non foi o mellor partido nese aspecto», remarca tras un 3-0 en Málaga que debe servir para «corrixir» e «sacar lecturas positivas» sen caer «en pesimismo» por encaixar tres goles.

Fuente