A Asociación Provincial de Avpc da Coruña (voluntarios de Protección Civil) vén de manifestar a súa mais enérxica condena diante do roubo perpetrado na nave de obras da capital barcalesa, que tivo como consecuencia a subtracción dun vehículo pick up e diverso material pertencente a Avpc de Negreira. A nova chega cando sospeitan de que a banda de encarapuchados podería ter tentado entrar antes noutros espazos pechados da contorna para levar ferramentas.
«Os bens sustraídos non só representan un perxuizo económico, senon que son ferramentas fundamentais para o desempeño das labores de emerxencia, asistencia e apoio que diariamente realizan de manera altruista os compañeiros de Avpc Negreira en beneficio de todos os seus veciños e veciñas», din desde a asociación provincial. Non hai que esquencer que actos desta natureza atentan contra a seguridade colectiva, menoscaban o traballo solidario de quen entrega o seu tempo e esforzo para protexer os demáis, e xeneran un dano inxusto a comunidade no seu conxunto.
Desde a Xunta Directiva da Asociación Provincial de Avpc da Coruña rematan expresando a súa solidariedade e apoio «aos compañeiros e compañeiras da Avpc de Negreira e, asemade, reiteramos o recoñecemento e gratitude pola labor desinteresada que Protección Civil desenrola en favor de toda a ciudadanía».














