Un incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na rúa Martagona, de Melide, mobilizou aos bombeiros do parque provincial de Arzúa na tarde do venres.
O lume afectou a unha parcela ubicada preto do polideportivo e do instituto e ao carón de vivendas, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o lume coa axuda do camión nodriza. Unha vez extinguido, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.
No operativo participaron tamén a patrulla forestal e Garda Civil.