A Asociación Boirense de Empresas celebrou este sábado a Noite Aberta, unha cita que superou todas as expectativas, cunha resposta masiva da veciñanza e visitantes. «Adeste ano foi a mellor edición celebrada ata o momento», indican dende a patronal boirense.
Durante todo o día, máis de 30 establecementos identificados con bandeiras de cor rosa ofreceron descontos especiais, ampliando o seu horario ata as dez da noite e facendo agasallos directos coas compras.
Na Ruleta da Sorte trocáronse máis de 400 tíckets de compra e entregáronse máis de 300 agasallos. O resto das persoas participantes levaron brochetas de gominolas como premio directo. Ademais, aotren infantil subíronse 485 viaxeiros.