Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 22.00 horas deste sábado dun accidente de tráfico acontecido na avenida da Coruña, no concello de Ribeira.
A incidencia implicou únicamente a unha persoa que conducía un ciclomotor e que á chegada dos bombeiros se atopaba inconsciente. O operativo consistiu na colaboración nas tarefas de asistencia médica e na limpeza da vía.
Por outra banda, os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos, ao redor das 22.00 do sábado, para participar nun operativo provocado por un accidente de tráfico en Padrón, no punto quilométrico 7 da estrada AC-242.
No aviso recibido informouse de que no vehículo implicado circulaban 4 ocupantes, dos cales 3 abandonaron o lugar e quedou un no punto que non quixo asistencia.
Completaron o operativo o GES de Padrón e o 061.