Desde hoxe, luns 18, e ata o vindeiro xoves 21 de novembro, o tramo da rúa Berlín que vai desde a rotonda subterránea situada debaixo de Área Central ata a intersección coa rúa de Lisboa, vai quedar cortada ao tráfico por mor dos labores de instalación dunha reixa de recollida de augas realizados por Viaqua, informa o Concello nunha nota de prensa.
Concretamente, os dous carrís de baixada deste tramo, van permanece pechados á circulación durante a xornada de hoxe, luns 18, e mañá, martes 19 de novembro. O mércores 20 e o xoves 21 de novembro estarán cortados os carrís de subida.
As alternativas de entrada ao túnel serán polos accesos de rúa de Madrid e dende a rúa de Roma.
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.