A edición deste ano 2024 da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra poñerá o seu punto e final este venres 8 de novembro en Boiro. A campaña de divulgación da toponimia da Real Academia Galega ofrecerá a última charla deste ano no Centro Social da localidade dende as 20.00 horas. O filólogo da RAG e coordinador técnico de Galicia Nomeada, Vicente Feijoo, explicaralles aos veciños como empregar esta aplicación que lles permite participar na recollida de nomes de leiras, montes, regos e outros microtopónimos nunha sesión que contará coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, María Outeiral, que actuarán de presentadores.

Fuente