Varias ducias de persoas participaron este sábado na Andaina da Dignidade convocada polo BNG para reivindicar o remate da autovía da Costa da Morte. Os manifestantes desafiaron a choiva e percorreron os 16 quilómetros que separan Berdoias (Vimianzo) de Cee para demandar á Xunta un «compromiso firme coa ampliación da autovía AG-55».

Fuente