O segundo tenente de Alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este mércores a programación da aula Cemit para o vindeiro mes de novembro e nos que destacan os cursos sobre ciberseguridade, intelixencia artificial ou ‘fake news’.
«Seguimos apostando pola formación e certificación dixital e imos a comezar a tratar a intelixencia artificial, a ciberseguridade e algún curso para formarse na detención das fake news; xa que nos parece que temos a obriga de informar e ensinar á veciñanza a distinguir e procesar o bo uso da información dentro do mundo dixital«, sinalou.
Francisco Suárez Puerta na presentación da programación da aula CEMIT de Ribeira / Concello de Ribeira
Entre o luns 4 e o xoves 7 de outubro, impartirase un curso sobre Certificado Dixital, con un turno de mañán e outro de tarde. Ademais, nos vindeiros días sucederanse as charlas sobre iniciación á Intelixencia Artificial (venres 8, de 10.00 a 12.00 horas), ciberseguridade (xoves 14, de 10.30 a 11.30 horas e de 12.30 a 14.00 horas), fake news e protección ante estafas por Internet (venres 15, de 10.00 a 11.00 y de 11.00 a 12.00 horas), uso seguro de Internet (xoves 20, ás 10.00 horas) e o uso de CANVA para crear un currículo e de busca de emprego (mércores 27, de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.30 horas).
Así mesmo, o xoves 21 e o venres 22 terá lugar o exame de certificación galega de competencias dixitaisw ComDix en dúas quendas, de 10.00 a 12.00 e de 12.00 a 14.00 horas. Por último, o venres 29, de 11.00 a 12.00 horas terá lugar o exame da plataforma EMA.
Os interesados en participar poden consultar toda a información, así como inscribirse no seguinte enlace.