As medidas aplicadas en materia de eficiencia enerxética por parte da Universidade de Santiago no 2022 implicaron un aforro anual de 1.397 toneladas de dióxido de carbono entre o 2021 e o ano pasado. Trátase dunha cifra que equivale ao que emitirían á atmosfera medio millón de coches ao longo dun día percorrendo cada un deles 25 kilómetros, “xa que un coche de media por kilómetro emite 110 gramos”. Así fai a comparativa o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa.

Fuente