A Romaría da Virxe da Barca de Muxía, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, xa ten cartel para a súa edición de 2024. Serán cinco días, do 12 ao 16 de setembro, nos que a devoción convivirá co ambiente festeiro.
Vinte e unha bombas de palenque anunciarán ás doce do mediodía do xoves, día 12, o comezo oficial da romaría. A primera sesión vermú e a verbena serán amenizadas polo Dúo Charada. O venres 13 a música correrá a cargo da disco móbil CDC e o concerto do grupo pop-rock Carlos Bau & 80 Razones, ao que seguirá unha macro sesión DJ con Toni Seijas, Rafa Astray, Jaygo e Roquiño.
O Sábado da Barca serán as orquestras Olympus e Atenas as encargadas de animar a xornada. Ás 00.30 horas haberá tamén unha gran sesión de fogos artificiais. O domingo, día grande da Barca, a misa solemne será ás 12.30 horas e, de seguido, sairá a procesión ata o porto, onde a Virxe será recibida coa maior traca de bombas de Galicia. Los Satélites, Escaparate & Alcázar e O Tren da Unha porán a música. O lunes, día 16, rematará a festa con Origen & M-3 Show.