Muxía comezou este sábado unha nova singladura a través do Mercado das Rutas do Mar, que continúa na xornada do domingo. As rúas e prazas da vila da Barca transformáronse para acoller un ambiente de épocas pasadas, con postos de música, artesanía e máis de 65 pases de espectáculos e pasarrúas a cargo de Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Fumes do Cal, Nin chicha nin patacón, Vaiche boa, Fol de Veneno, Maruxía, Os Viqueiras de Ordes e Skaldir.

Fuente