Festas, bo tempo, fermosas praias, paisaxes excepcionais e excelente gastronomía. Ingredientes máis que suficientes para gozar dunha xornada estival en Galicia. Na comarca do Barbanza hay este sábado unha cita moi especial: a Feira do Polbo de Porto do Son, que cumpre trinta anos e á que asisten milleiros de persoas para renderlle pleitesía ao rei da gastronomía galega. O polbeiro Manuel Veloso prevé repartir ao longo da xornada mil quilos do prezado cefalópodo (a ración custa 13 euros). Dente o mediodía, centos de persoas facían cola xa ás portas da carpa instalada na fachada marítima da vila, na que tamén se poden degustar 400 quilos de churrasco, 100 empanadas de polbo e de atún, 300 quilos de mexillóns e 50 quilos de chourizos criollos.

Fuente