Vodas de prata na Coruña dos galardóns, nunha viaxe desde a tradición á fusión

O folk galego, planta que a cada paso reverdece, rebrota e se reinventa, floreceu este mércores do teatro Rosalía de Castro da Coruña na gala da vixésimo quinta edición dos PREMIOS OPINIÓN da Música de Raíz, que este ano se converteu nun tributo á Real Academia Galega e ás cantareiras ás que dedicou o Día das Letras do ano pasado, así como ás décadas de arte da cantante Uxía. Velada de premios e velada de música, nunha sala chea de público, inundada polas as voces de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, cuxo espectáculo inaugurou a noite, e co broche do talento da recoñecida Rosa Cedrón.

Fuente