A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou este mércores o acto do seu patrón, que presidiu a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias. Logo da intervención do decano da Facultade, Xoán Ramón Doldán, deuse paso á entrega de premios, que comezou recoñecendo o traballo de Pascual Gimeno Montalar, gañador do concurso de pintura CreArte na Universidade pola súa obra Último esfuerzo. Pola súa banda, INOVALABS DIGITAL, SL. foi a merecedora do Premio Fulget 2025.
Os premios á Innovación Docentes recaeron no profesor Adrián Dios Vicente pola súa proposta ‘Podcasting de Historia Económica Mundial’, desenvolvida na materia Historia Económica Mundial (1º curso do Grao en Economía), e na profesora Mª Carmen Sánchez Carreira pola iniciativa ‘Deseñando, desenvolvendo e avaliando a competencia transversal traballo en equipo’, desenvolvida na materia Desenvolvemento Rexional e Desenvolve-mento Local de terceiro curso do Grao en Economía.
O acto continuou coa entrega dos galardóns da XVI Olimpíada de Economía e dos extraordinarios de grao e mestrado. No grao en Economía o premio foi para Tania Pampín Suárez e Alexia Sánchez Vázquez e en ADE para Emma Casanova Martínez e Laura Fernández Lorenzo. No mestrado en Desenvolvemento Económico e Innovación o galardón correspondeulle a Francisco Xosé Presas Basalo, no de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas a Miguel Digón Pérez, no de Dirección e Xestión Contable e Financeira a Antonella Torre Silveira, no Interuniversitario en Economía a Álvaro Andión Mosquera e no de Dirección de Empresas a María Torres Otero.
Asistentes ao acto do patrón de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. / Santi Alvite
Ademais, o Premio María del Carmen Guisán Seijas a TFG con perspectiva de xénero recaeu en Tania García Alonso e o María Xosé Rodríguez Galdo aos TFM en Valeria Sofía Espinoza Quiquia.
Os premios extraordinarios de doutoramento 2023-2024 foron para Fernando de la Torre Cuevas pola tese ‘Expandindo os métodos híbridos para construír modelos input-output (in-ter)rexionais’, baixo a dirección dos profesores doutores Edelmiro López Iglesias e Xesús Pe-reira López, e para Leandro Javier Llorente González polo traballo ‘Límites sistémicos da estratexia de transición cara á Eco-nomía Circular na Unión Europea (2015-2022): Parcialidade conceptual, consecuencias sobre o emprego e as empresas e impacto ecolóxico desigual’ dirixido por Xavier Vence Deza.
O acto rematou co recoñecemento da acción solidaria da Facultade coa asociación ASANOG a Francisco Javier Allo Suárez.












