César Cabrera liderará un proxecto ERC de 1,9 millóns con átomos ultrafríos

A Universidade de Santiago incorpora a César Cabrera, físico experimental mexicano procedente da Universidade de Hamburgo (Alemaña), ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para desenvolver un proxecto de simulación cuántica con átomos ultrafríos. Cabrera obtivo en 2025 a bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC), para un proxecto financiado con 1,9 millóns de euros. O obxectivo da súa investigación é construír un simulador cuántico para comprender como interaccionan moitos átomos entre si, e como esas relacións poden dar lugar a novos estados da materia que poderían inspirar futuras tecnoloxías cuánticas.

Fuente