OBRAS PONTEPEDRIÑA | Raxoi responde as queixas dos veciños de Pontepedriña: «Crease un espazo público de maior calidade»

As obras na rúa Amor Ruibal non convencen a todolos veciños da zona e algúns trasladaron as súas queixas ao Concello de Santiago. Dende o Pazo de Raxoi lembran que o obxectivo da actuación no coñecido como Barrio Verde de Pontepedriña é crear un espazo no que a cidade se adapte ao cambio climático. A diminución de prazas de aparcamento é unha das preocupacións dos residentes, pero o Concello insiste en que co proxecto «estamos reducindo o espazo destinado ao coche na rúa Amor Ruibal claramente sobredimensionado, para crear un espazo público máis amplo e diverso desde o punto de vista funcional, de maior calidade e que fomente tamén o encontro e a estancia».

Fuente