«As tecnoloxías da linguaxe son a parte fundamental da IA»

Difundir os principais avances logrados no trienio 2022-2025 no marco das tecnoloxías lingüísticas, en particular para o galego, tanto a nivel de datos, como de ferramentas tecnolóxicas, modelos de IA e casos de uso, recursos dispoñibles en aberto. Ese foi o obxectivo da xornada de presentación de resultados do Proxecto Nós dentro do proxecto Ilenia, do Goberno de España, que se celebrou onte no Centro de Estudos Avanzados da USC e que contou cun elevado número de asistentes.

Fuente