A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada do alcalde, Manuel Muíño, supervisou en Zas as melloras de viarios municipais acometidas ao amparo do Plan Camiña Rural 25-26 cun investimento de máis de 158.000 €.
Na convocatoria 25-26, Zas conta cunha asignación de máis de 80.000 € para mellorar a capa de rodadura do acceso a Meanos.
Ademais, no marco da convocatoria 2024-2025, contou con máis de 78.000 euros, e mellorou a capa de rodadura dos camiños de Pudenza, Brandomil e Gomarís. Para executar estas actuacións o Concello xa recibiu un anticipo do 100% da cantidade aprobada para este ano e solicitou a prórroga ata o 11 de decembro para executar esta partida.
Na provincia da Coruña reciben estes apoios 86 concellos por un importe de máis de 5,5 millóns de euros, e na Costa da Morte disporán destas axudas 16 concellos, por valor de 1,1 M€.














