Primeira sesión do Seminario Europa do Ateneo de Santiago
UE. O Ateneo de Santiago presentou abre hoxe as actividades do Seminario Europa para o curso 2025-2026.
A cita será na sede de Afundación da rúa do Vilar cunha sesión de 19:30 a 21:00 horas, que contará coa intervención do eurodeputado Nicolás González Casares (PSdeG), que falará sobre A UE ante os novos deuses fortes.
Ao longo do curso están previstas oito sesións, entre outubro e maio, nas que participarán os catro eurodeputados galegos dos diferentes grupos políticos galegos con representación en Bruxelas.
A Banda Municipal actúa na residencia do Castiñeiriño
MAIORES. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela ofrece ás 11.30 horas unha actuación na residencia do Castiñeiriño dentro do programa ‘Desfrutando cos nosos maiores’. A Banda estará o xoves á mesma hora na residencia de Volta do Castro.
A outra cita musical do día será no Colexio Maior San Agustín, onde ás 20.30h Irina Gruia, violinista da Real Filharmonía, ofrece un espectáculo emotivo e educativo denominado Ecos da guerra. As voces silenciadas, cun donativo suxerido de 5 euros.
Mostra de alumnos de Altaira no Tambre
EXPOSICIÓN. O Centro Empresarial do Tambre acolle hoxe ás 20h a inauguración da exposición de pintura Industria artística 4.0 dos alumnos da escola compostelá Altaira Arte e Ensino, dirixida polo artista Xurxo Martiño. Participan 35 alumnos que recrean nas súas obras a contorna do polígono.
Os Encontros Americanos volven á Granell
CONFERENCIA. A Fundación Granell celebra unha nova sesión dos Encontros Americanos, organizados polo grupo de investigación HisAmérica da USC.
Os Encontros Americanos volven á Granell / CEDIDA
Será hoxe ás 19.00 horas cando o profesor Rodolfo Gamiño imparta a charla Nomear as ausencias no México presente. Este encontro busca colocar no centro do debate o fenómeno da ausencia.
Mañás poéticas na Ánxel Casal
POESÍA. Primeira sesión das Mañás poéticas na Biblioteca Ánxel Casal. A actividade coordinada por Carlos Arias pretende achegar a poesía ás persoas interesadas.
A autora catalana Clementina Arderiu i Voltas protagonizará esta xornada que dará comezo as 10.30 horas con capacidade para 15 persoas.
Itinerario para descubrir os conventos
ROTEIRO. Nova ocasión para participar no itinerario Servas de Deus, donas de si, no que se desvelan as historias das mulleres que viviron tralas reixas dos conventos de clausura composteláns.

Itinerario para descubrir os conventos / CEDIDA
Organizado por Compostela Cultura, a ruta comezará as 19.00 horas pero é necesaria a inscripción previa. Hai outras dúas citas previstas para o 10 e o 17 de decembro, con prazas agotadas pero con lista de agarda.
Propostas cinematográficas
CINE. A Facultade de Filosofía proxecta ás 18:00 no Salón de Actos o filme Chronik der Anna Magdalena Bach (1968), de Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, unha actividade do Ciclo de Cine Filosófico.
No cineclube Compostela propoñen ver O terror e o tempo, un filme realizado por Víctor Jara Collective, as 21.30 horas na Gentalha do Pichel.













