25 anos de transformación na Laracha

Hai 25 anos nacía LA OPINIÓN A CORUÑA. Era outubro de 2000, e por aquel entón eu xa levaba máis de un ano como alcalde da Laracha. Desde aquela compartimos un traxecto cheo de cambios a nivel global e local. O mundo viviu momentos que marcaron a historia recente: o 11-S, a crise financeira, a pandemia do covid… e avances tecnolóxicos e sociais sen precedentes. O noso concello tamén evolucionou, e medios libres e independentes como este xornal fixeron posible que a cidadanía estivese informada, algo imprescindible nunha sociedade democrática.

Fuente