PLAN CAMIÑA RURAL 2025 | A Estrada inviste case 160.000 euros en mellorar as vías rurais de Codeseda e Ribela

A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación das obras do Plan Camiña Rural 2025, financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Esta edición do programa centrará a súa actuación na pavimentación de tres vías municipais que conectan as parroquias de Ribela e Codeseda, cun orzamento próximo a 160.000 euros.

Fuente