“Veño moitísimo a Galicia, síntome como na casa, estou moi ben aquí”

Este sábado ás 22:00, a TVG estrea a nova tempada de A miña gran cidade cun destino mariñeiro e moita retranca. Rianxo será o escenario do encontro sorpresa entre o cantante e presentador Bertín Osborne e a actriz Eva Iglesias, anfitrioa de luxo na súa vila natal. Durante unha hora, a galega terá o reto de convencer o andaluz de quedar coa maleta en Rianxo e non volver a Sevilla.

Fuente