XORNADAS VOLTA AO COLE DE AMES |Ames converte nunha festa a volta ás aulas, en alianza con 15 comercios

As xornadas Volta ao cole co comercio regresan a Ames cunha ampla programación de actividades, sorteos e vales de compra para apoiar as familias antes do inicio do curso escolar. Organizadas polas concellerías de Promoción Económica e Mocidade en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), celebraranse o mércores 3 de setembro no Milladoiro, na zona verde da Travesía do Porto, e o venres 5 en Bertamiráns, no parque do Ameneiral, entre as 17.00 e as 20.30 horas.

Fuente