O Concello de Ames aprobou o reparto de 80.000 € entre as asociacións e clubs deportivos. En total, foron 20 entidades beneficiarias: AD Básquet Ames con 6.662,94 euros; AD Val da Mahía con 2.638,35; Ames Atletismo con 6.797,09; Biduído SR con 1.296,81; CB Ames con 1.833,43; Club Atletismo MillaRaio con 7.423,14; Club Atletismo Sar con 3.935,16; Club de patinaxe Sarela 5.273,69; Club deportivo Rutas a Pie con 1.878,14; e o Club de patinaxe artística Omega con 5.947,46; Club TK Denodo con 7.378,42; o CV Bruxas con 3.935,16; a Escola de fútbol sala Trasgos con 3.264,39; a Escola de Karate Dokkodo con 3.040,80; o Fútbol Club Meigas con 5.500,28; o Motoclub Ameixenda con 2.727,78; O4S Rutas Bikes con 894,35; C.C. Os Esfola Arrós con 2.459,47; o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre con 5.231,97; e a Sociedade de Caza e Pesca Azor con 1.878,14 euros.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que “os principais obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos, empregando para isto aos colectivos existentes no concello, como mellor instrumento para acadar este fin. Tamén se pretende crear unha vida deportiva estable dentro do municipio, programada e desenvolta polas entidades do ámbito privado, e na que a administración municipal represente un papel secundario, tanto na elección do tipo de actividades a desenvolver, como na súa posta en práctica e no seu financiamento”.